Empresa

Presentación

BEIRADO, Xestión Integral de Obras, S.L. é unha empresa construtora que ofrece todo tipo de servizos relacionados coa reforma, mantemento e nova construción de vivendas e locais comerciais. Está formada por un equipo multidisciplinar con ampla experiencia e formación no sector da construción e con capacidade para realizar calquera tipo de traballo.

Desde a súa creación BEIRADO caracterízase pola profesionalidade na realización das súas obras, pola súa proximidade e compromiso co cliente e por un espírito de responsabilidade e colaboración con todos os axentes que interveñen na actividade, achegando esforzos e evitando as confrontacións que tantas veces prexudican a todos os implicados no complexo proceso da actividade da construción. Somos conscientes, non obstante, de que para o desenvolvemento equilibrado e progresivo da empresa precisamos seguir avanzando día tras día, polo que o noso proxecto está baseado nun proceso de mellora continua, asentado sobre uns principios de funcionamento claramente definidos e un obxectivo claro.